Áreas temáticas

A forma en que actuemos a partir de agora é a que vai determinar o mundo do mañá.

Un mundo sostible só é posible se repensamos e cambiamos os modelos actuais, a nosa forma de facer negocios, a nosa forma de relacionarnos… e sobre todo a nosa maneira de pensar, e neste proceso, a música – coa axuda das novas tecnoloxías – pode ser unha gran impulsora do cambio.

CreWorld® é parte deste cambio, un novo espazo virtual, unha nova forma de relacionarnos e de facer negocios, un espazo único no que expresarse, explorar, comunicarse e crear novas ideas e novos modelos, coa música como eixo transversal.

SOA A TECNOLOXÍA

 

A adopción de novas tecnoloxías por parte do sector musical vai en aumento e isto tradúcese nunha transformación do sector a todos os niveis. As novas tecnoloxías preséntanse como a ferramenta para o cambio.

INNOVACIÓN, BIG DATA, BLOCKCHAIN, OPEN DESIGN, SMART CONTRACTS, OCIO VIRTUAL, PLATAFORMAS DIGITALES, CASHLESS… 

COMPOÑENDO NOVOS MODELOS

 

Que o modelo económico actual non era sostible xa o sabiamos, e a pandemia de COVID-19 confirmouno. O sector musical, como todos os sectores require de novos modelos económicos, organizativos e tecnolóxicos que precisarán de grandes doses de creatividade e de innovación.

NOVOS MODELOS DE NEGOCIO, INTERNACIONALIZACIÓN, ECONOMIA CIRCULAR, INNOVACIÓN…

ACORDE COAS PERSOAS

 

A música axuda á cohesión social e esta á súa vez contribúe a satisfacer necesidades humanas como a participación, o lecer, a protección ou a pertenza. Todo iso favorece á creación de sociedades máis intelixentes, xustas, sas e seguras.

SEGURIDADE NA ERA POST- COVID, IGUALDADE, ACCESIBILIDADE, CONCILIACIÓN, XÉNERO, FEMINISMO E TRANSXÉNERO, ALIANZAS, ODS…

EN SINTONÍA CO PLANETA

 

Aínda que en menor medida que outros sectores, a industria musical tamén contribúe ao cambio climático. Reverter e minimizar o impacto do sector pasa pola formación das persoas implicadas, pola implantación de medidas e pola comunicación e difusión dos resultados obtidos.

ENERXÍA, AUGA, RESIDUOS, MOBILIDADE…