Espazos & Actividades

Exposición (stands) 

 

Espazo para provedores, institucións, asociacións, festivais, etc. Os espazos serán totalmente personalizables co branding de cada empresa, ademais de poder enlazarse a redes sociais e distintas páxinas web de maneira directa.

Conferencias

 

Charlas a cargo dunha figura referente no panorama musical, sobre un asunto de especial relevancia e actualidade dentro das áreas temáticas do evento.

Masterclasses

 

Charlas técnicas e concretas, de aspecto máis práctico, dentro dalgunha das áreas temáticas propostas.

Mesas redondas

 

Mesas de debate con posibilidade de participación do público entre axentes seleccionados do sector musical.

Speedmeetings

 

Son reunións curtas que teñen como obxectivo axudar a crear contactos profesionais.

Artistas, bandas ou provedores de servizos terán a oportunidade de presentarse e contar quen son e que buscan aos axentes da industria musical presentes, co fin de buscar novas oportunidades de negocio.

Slowmeetings

 

Sesións de mentoring con axentes da industria dirixidas a artistas/proxectos emerxentes que buscan unha guía sobre o rumbo para seguir no mundo musical.

Startups / Showrooms

 

Abriuse o prazo de solicitudes para que startups que acheguen tecnoloxías transversais e novas solucións aos festivais de música e industria musical en xeral, estean presentes no evento. Entre todas as rexistradas seleccionaranse as elixidas a participar en CreWorld® cun espazo gratuíto e unha sesión de presentación do seu produto/servizo dentro do programa.

Coaching Musical

 

Sesións guiadas por profesionais e especialmente dirixidas ao mundo da música, onde se abordarán aspectos clave do desenvolvemento persoal para alcanzar as metas profesionais desexadas no mercado laboral do futuro.

Artistas convidados

 

Darán a súa visión sobre o panorama actual da música desde unha perspectiva de mercado xeográfico ou de estilo.

Asegura a túa praza

CreWorld® abrirá as súas portas os días 12, 13, 14 e 15 de outubro de 2020.

Xa están abertas as preinscricións cun desconto do 25% sobre o prezo final. Úneche agora, as entradas con desconto son limitadas.

Síguenos en redes para estar ao tanto de todas as novidades.