Que é?

CreWorld® non é nada do que coñeces ata ahora.

Non é un lugar. É un MUNDO, sen barreiras e superando limitacións.

Non é só online. É VIRTUAL, recreando unha experiencia real entre os participantes.

Non é un evento. É toda unha EXPERIENCIA, como plataforma de networking, exposición de novos produtos e servizos, formación, debate e iniciativas creativas.

Non é unha feira. É un PUNTO DE ENCONTRO, para recibir a todos os axentes da industria musical.

CreWorld® constrúese para ti

 

CreWorld® é o primeiro mundo virtual creado para poñer en contacto aos profesionais da música, unha experiencia pioneira dentro do sector e pensada para o seu crecemento.

Un espazo único, especializado e sen fronteiras onde coñecer de primeira man iniciativas nacionais e internacionais. Poñerá en contacto a institucións, marcas, promotoras, managers, artistas, estudantes…que viven da música.

Será un espazo construído entre todos. Unha comunidade online para compartir coñecemento e desenvolver a industria.

Se vives da música, ven a visitar CreWorld

Unha experiencia adaptada a novos tempos

 

Esta é a oportunidade para reunir e conectar a un sector cultural con gran capacidade de adaptación e creatividade.

CreWorld® aposta pola transformación dixital e as ferramentas que permitan reunir e conectar aos profesionais da música dunha forma sostible.

Sostible socialmente, facilitando o acceso a todas as persoas que forma ou queren formar parte do sector.

Sostible medioambientalmente, reducindo a pegada ecolóxica que supoñería un formato destas características a nivel global.

Sostible economicamente, creando o encontro máis eficiente do mercado no panorama de profesionais musicais

Asegura a túa praza

CreWorld® abrirá as súas portas os días 12, 13, 14 e 15 de outubro de 2020.

Xa están abertas as preinscricións cun desconto do 25% sobre o prezo final. Úneche agora, as entradas con desconto son limitadas.

Síguenos en redes para estar ao tanto de todas as novidades.