Quen somos

CreWorld® é unha idea orixinal de PlayPlan Cultural e conta co apoio de colaboradores independentes ligados á xestión de eventos, a música e a comunicación.

Tras a nosa participación como axentes da industria musical en diferentes feiras profesionais de ámbito nacional e internacional e comprobar o éxito das propias experiencias dixitais, postas en marcha para o debate e a unión do sector, expoñemos unha nova forma de celebrar este tipo de eventos.

Por iso o equipo de CreWorld® quixemos poñer a vista no futuro e apostar pola innovación, creando un evento virtual que vaia máis aló dos webinar e que realmente poña en contacto ao sector nun mundo sen fronteiras – co aliciente de organizar un evento sostible no plano social, ambiental e económico.

A pesar da crise sanitaria segue existindo necesidade de conectar, reflexionar e comunicar. Ademais, comprobouse que compartir espazo físico non é indispensable.

Sobre PlayPlan

PlayPlan é unha axencia dinámica e apaixonada. A nosa misión é idear experiencias orixinais nas que público, marcas e proxectos conecten e se relacionen en contornas físicas, dixitais ou virtuais, xa sexan festivais, concertos, feiras, eventos gastronómicos…

Os nosos principais servizos: proxectos a medida, consultoría, creatividade, márketing e comunicación, contratación de artistas, management, selo discográfico, tecnoloxía para eventos, contido audiovisual, material e infraestruturas para eventos.

Contamos con máis de 18 anos de traxectoria cun equipo humano que cobre os diferentes ámbitos profesionais do sector do espectáculo.

Concellos, fundacións, asociacións culturais, promotores privados e consumidores finais completan o heteroxéneo perfil dos nosos clientes e das solucións que ofrecemos.