Tecnoloxía

Trátase dunha contorna virtual que reproducirá espazos e funcionalidades dunha feira física, onde visitantes e expositores poderán interactuar durante os días do evento sen ter que desprazarse a ningún lugar concreto. Unha experiencia única e diferencial, próxima ao mundo real, poñendo en contacto a profesionais do sector musical de calquera lugar do mundo.

Celebraranse diferentes actividades especializadas, ademais de poder visitar casetas e consultar información sobre servizos e produtos de diversas empresas, descargar catálogos e dossiers informativos; así como interactuar con outros participantes a través de salas de networking.

Os usuarios introduciranse nesta contorna virtual mediante un avatar dixital que lles permitirá comunicarse por voz ou chat con todos os asistentes.

Idiomas: Tradución simultánea ao castelán e inglés.

Ademais, non serán necesarias lentes de realidade virtual.